Sobre Nos

Entorno

A nosa cervexaría atópase en Cangas, nas Rías Baixas, entre Pontevedra e Vigo, unha ubicación privilexiada con instalacións propias.

A auga, o ingrediente principal da nosa cervexa, provén dun entorno atlántico excepcional. Galicia, co seu clima chuvioso, ríos cristalinos e mananciais naturais, bríndanos unha base incomparable para crear cervexas de
calidade superior.

Grazas ás temperaturas suaves da rexión, logramos un equilibrio perfecto para producir cervexas con carácter galego. Elaboramos ales e lagers con mestría, tradición e un toque de creatividade.

Algunhas das nosas edicións limitadas incorporan ingredientes típicos da nosa terra, como loureiro, sabugueiro, notas afumadas e madeira de carballo, engadindo un carácter único a cada grolo.

O NOSO OBXECTIVO

Ofrecer cervexas 100% naturais e auténticas, elaboradas a partir de receitas creativas e atrevidas.

Traballamos con ingredientes coidadosamente seleccionados, libres de transxénicos, e seguimos estándares de excelencia en cada etapa do proceso.

Tradición cervexeira galega con visión de futuro

A sostibilidade está no corazón
de todo o que facemos.

As nosas instalacións
semisoterradas maximizan
as condicións naturais
para manter a frescura e
estabilidade térmica durante
todo o ano, optimizando a
maduración e conservación
da cervexa.

Usamos auga de choiva para arrefriar o mosto.

Aproveitamos a enerxía solar para quentar auga.

A nosa caldeira funciona con pellets de madeira sostible.

O bagazo de malte reutilízase como compost.

  • Estrada de Darbo, 16 - 36949 Cangas Pontevedra - Galicia - España
  • +34 986 30 32 33
  • info@menduina.eu