Así pensamos e sentimos ao crear cada cervexa Menduiña. A nosa cervexa nace libre e independente. Cada receita é unha homenaxe á intensidade do sabor que esperta emocións e sorpresas.
Con carácter e personalidade, encarna a nosa filosofía: tradición e innovación unidas pola liberdade e
a independencia.
Somos galegos, orgullosos, un pouco rebeldes, sen complexos e 100% auténticos. Menduiña inspira, sorprende e invita a mirar o mundo desde unha perspectiva positiva.
Goza de cada momento coma dunha boa cervexa: o seu sabor, o seu arrecendo, a súa singularidade. Cada unha das nosas receitas é unha experiencia única.