Dende 2008 pioneira en Galicia, a nosa microcerveceira artesanal combina tradición, innovación e autenticidade. Con raíces familiares e unha forte influencia das vivencias da emigración, elaboramos cervexas únicas que reflicten a nosa esencia.

Producimos cervexa 100% natural, respectando os ciclos lunares, en pequenas cantidades coidadosamente elaboradas. Ofrecemos unha ampla variedade de estilos, todas veganas e con opcións sen glute.

Calidade Alimentaria e selos de Artesanía

Estamos orgullosos de contar co selo oficial de Artesanía Alimentaria dende 2022. Este distintivo avala a nosa dedicación e posicionanos abertamente contra os produtos homoxéneos e estandarizados da produción masiva, impulsada por unha industria obsesionada cun crecemento ilimitado nun planeta de recursos finitos.