Sobre nós

Menduiña, pioneira e precursora desta revolución en Galicia, ten a súa orixe na Patagonia Arxentina, en 2002, cando tras ter emigrado por traballo, o fundador desta microcervexeira descubre a cervexa artesá, quedando namorado dela de por vida. Ao voltar á súa Galicia natal, decide vivir de elaborar esta arte líquida que durante séculos conqueríu ao ser humano e transformou a súa cultura.

Dende a creación de Menduiña en 2008 en Cangas do Morrazo, apostamos polo concepto craft, elaboración tradicional de cervexa con carácter propio, produto made in Galicia.

CONTORNA

Emprazados nunha zona rural das Rías Baixas galegas, entre Vigo e Pontevedra, con instalacións propias construidas nunha veiga boscosa de 2.000 metros cadrados, elaboramos cada unha das Menduiña.

A auga é un dos ingredientes máis importantes no proceso de elaboración da cervexa; de feito, é o ingrediente principal e o clima atlántico resulta idóneo para a fabricación deste produto. Situámonos nunha zona costeira moi chuvosa, dotada de ríos e mananciais, polo que decidimos aproveitar as vantaxes da contorna e elaborar un produto cun 80% como mínimo do seu contido en auga.

Se ademáis das súas características especiais, temos en conta as temperaturas de Galicia, atopámonos no lugar perfecto para fabricar cervexas galegas de corazón e calidade recoñecida.

Elaboramos o que desexamos beber, ales e lagers con tradición, mestría e inxenio. Algunhas das nosas receitas especiais de edición limitada, inclúen ingredientes típicos da nosa cultura, coma o loureiro, o sabugueiro, o fume e a madeira de carballo, que lle aportan un valor engadido ao produto.

A nosa misión é ofrecer aos nosos clientes unha cervexa 100% natural, xenuina, a partir de receitas creativas e cun punto de audacia. Utilizamos ingredientes minuciosamente escollidos, libres de transxénicos, e a nosa produción está marcada pola excelencia nos procesos.

VALORES

Temos en conta tres valores fundamentais á hora de elaborar os nosos produtos:

  • Integridade e honestidade. Mantemos o máis alto nível de ética en todas as nosas interaccións, con profesionalismo e transparencia.
  • Responsabilidade en Seguridade Alimentaria. A través dun exhaustivo control de calidade obtemos como resultado un produto rico, san e seguro.
  • Respecto polo medioambiente. Apostamos polo desenvolvemento sostible, a saúde e a seguridade das persoas, empregando nas nosas prácticas de fabricación, enerxías renovables y limpas.

brindis-menduina.jpg


Accept

Site use cookies