Condicións de compra

A utilización da tenda virtual de www.menduina.eu, presupón a aceptación das condicións xerais de compra. Finalizado o proceso de compra danse por aceptadas estas condicións.

As formas de pagamento que se poden utilizar para a compra dos produtos de www.menduina.eu son a transferencia bancaria ou PayPal. Unha vez finalizado o proceso de compra, enviarase unha confirmación a través do correo electrónico, despachándose o pedido en canto sexa debidamente aboado polo usuario.

Non poderán realizarse pedidos novos ata que o usuario efectúe o pagamento das sumas debidas en concepto dos pedidos anteriores. Así mesmo, a propiedade da mercadoría non se transferirá completamente ata que Menduiña reciba as sumas debidas polo usuario.

Os pedidos prepáranse e despáchanse desde a planta de Menduiña. Todos os pedidos terán un suplemento de transporte establecido polo peso e o volume do pedido en concepto de gastos de envío.

A saída da mercadoría efectuarase de luns a xoves e entregarase nun prazo máximo de 72 horas, sen contar sábados, domingos e festivos.

Os servizos do comercio electrónico só poden ser utilizados se o domicilio de entrega está no territorio peninsular español. Non se realizarán envíos ás illas Baleares, illas Canarias, Ceuta, Melilla ou fóra do territorio nacional.

Menduiña velará polo cumprimento dos prazos de entrega do servizo de mensaxeiría da empresa de Transportes, pero non se pode facer responsable de posibles atrasos na entrega por causas alleas a Menduiña.

Menduiña garante aos seus clientes a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido fose pose a disposición do transportista para o seu envío.


Accept

Site use cookies